miércoles, 29 de enero de 2020

Dia do NEN@ ONCOLOXIC@

Emocíons voadoras, verbas que trae o vento:

 Dia do nen@ oncolóxic@.



O Dia 15 de Febreiro é unha data importante. Durante  anos  a Organización Internacional do Cancro Infantil,que ten a súa sede en Luxemburgo,  declarou esta data como Día Internacional dos nenos  e nenas con cancro.

O 15 de Febreiro é pois, o día sinalado para concienciar e sensibilizar á sociedade sobre as necesidades e problemas que enfrontan os nenos e adolescentes, pacientes con esta enfermedade e as súas familias.

En España diagnostícanse uns 1.400 novos casos de nenos con cancro de 0 a 18 anos cada ano. A  pesar de ser unha enfermidade rara, o cancro infantil  ainda é a principal causa de morte ata os 14 anos. A taxa de supervivencia de 5 anos de 0 a 14 anos chega case ao 80%, segundo a Sociedade Española de Hemato-Oncoloxía Pediátrica ( http://www.sehop.org ). Un feito esperanzador que aspira a ser o 100%,  xa que unha soa morte por cancro infantil é demasiado.

 Cada día, sentímonos  moi unidos ós rapaces e rapazas, nenos, nenas, adolescentes, que sofren esta patoloxía e coas súas familias. 

Emporiso xurde a idea de visibilizar esta realidade o 15 de febreiro, enchendo de gruas  e corazóns con mensaxes de alento e positividade os teitos e pasillos das Salas de Oncoloxía Pediátrica e a AULA HOSPITALARIA de Hospital Materno Infantil de A Coruña.

Por qué GRUAS de PAPEL?

Segundo unha lenda, esta ave protexe aos débiles coas súas grandes ás.

O origami é a arte de facer obxectos con papel e ten miles de anos, pero contan as historias que a primeira grúa foi deseñada nos anos 40, mentres se desenvolvía a guerra de Hiroshima , que deu lugar á explosión dunha bomba atómica. Naquel momento, unha moza chamada Sadako Sasaki estaba moi enferma debido á exposición á radiación.
Mentres estaba no hospital, o seu amigo Chizuko aconselloulle que fixese grúas de papel, xa que se chegou aos 1.000 podería facer un desexo. Por suposto, a súa curarase da enfermidade que a afectaba, pero tamén quería que acabase a guerra.


AGORA, Nós!

E o noso turno:

1 Visita en YOUTUBE un tutorial de cómo facer grúas de papel.

                    https://youtu.be/-3UbebnIins

2.Colle unha folla de papel (de calquer cor e tamaño..mesmo con periódico, vale!). Proba,  é divertido, fai a túa primeira grúa!

2. Xúntate cos amigos, cos compañeiros de cole, co teu equipo deportivo, coa túa familia. Facede cantas grúas vos apeteza e escribide nelas unha verba, unha palabra, unha  mensaxe  positiva que vos  saia do corazón,  para estes nenos e nenas.

3.Mándadenos un correo a aulahospitalariacoruna@gmail.com e pasaremos a recollelas ó voso colexio ou instituto. Tamén podedes envialas o ENDEREZO POSTAL, nun sobre , a:

           
           Hospital Materno Infantil Teresa Herrera
           Aula Hospitalaria, 
           3 andar
           As Xubias s/n 
          15006 A Coruña 

 Recordade que teñen   que chegar, data límite, o día 12 de febreiro!. Iremos publicando aqui as fotos!


MOITAS GRAZAS por axudarnos a conseguir o noso reto!



AULA HOSPITALARIA, Materno Infantil , As Xubias, A Coruña.