Dia do nen@ oncolóxic@.
O Dia 15 de
Febreiro é unha data importante. Durante anos a Organización
Internacional do Cancro Infantil,que ten a súa sede en Luxemburgo, declarou esta data como Día Internacional dos
nenos e nenas con cancro.
O 15 de Febreiro é pois, o día sinalado
para concienciar e sensibilizar á sociedade sobre as necesidades e problemas
que enfrontan os nenos e adolescentes, pacientes con esta enfermedade e as súas familias.
En España
diagnostícanse uns 1.400 novos casos de nenos con cancro de 0 a 18 anos cada
ano. A pesar de ser unha enfermidade
rara, o cancro infantil ainda é a
principal causa de morte ata os 14 anos. A taxa de supervivencia de 5 anos de 0
a 14 anos chega case ao 80%, segundo a Sociedade Española de Hemato-Oncoloxía
Pediátrica ( http://www.sehop.org ). Un feito esperanzador que aspira a ser o
100%, xa que unha soa morte por cancro
infantil é demasiado.
Cada día, sentímonos moi unidos ós rapaces e rapazas, nenos, nenas,
adolescentes, que sofren esta patoloxía e coas súas familias.
Emporiso xurde a
idea de visibilizar esta realidade o 15 de febreiro, enchendo de gruas e corazóns con mensaxes de alento e
positividade os teitos e pasillos das Salas de Oncoloxía Pediátrica e a AULA
HOSPITALARIA de Hospital Materno Infantil de A Coruña.
Por
qué GRUAS de PAPEL?
Segundo unha lenda, esta ave protexe aos débiles coas súas grandes ás.
Segundo unha lenda, esta ave protexe aos débiles coas súas grandes ás.
O origami é a
arte de facer obxectos con papel e ten miles de anos, pero contan as historias
que a primeira grúa foi deseñada nos anos 40, mentres se desenvolvía a guerra
de Hiroshima , que deu lugar á explosión dunha bomba atómica. Naquel momento,
unha moza chamada Sadako Sasaki estaba moi enferma debido á exposición á
radiación.
Mentres estaba
no hospital, o seu amigo Chizuko aconselloulle que fixese grúas de papel, xa
que se chegou aos 1.000 podería facer un desexo. Por suposto, a súa curarase da
enfermidade que a afectaba, pero tamén quería que acabase a guerra.
AGORA,
Nós!
E o noso turno:
1 Visita en
YOUTUBE un tutorial de cómo facer grúas de papel.
https://youtu.be/-3UbebnIins
2.Colle unha
folla de papel (de calquer cor e tamaño..mesmo con periódico, vale!). Proba, é divertido, fai a túa primeira grúa!
2. Xúntate cos
amigos, cos compañeiros de cole, co teu equipo deportivo, coa túa familia.
Facede cantas grúas vos apeteza e escribide nelas unha verba, unha palabra, unha
mensaxe positiva que vos saia do corazón, para estes nenos e nenas.
3.Mándadenos un
correo a aulahospitalariacoruna@gmail.com
e pasaremos a recollelas ó voso colexio ou instituto. Tamén podedes envialas o ENDEREZO POSTAL, nun sobre , a:
Hospital Materno Infantil Teresa Herrera
Aula Hospitalaria,
3 andar
As Xubias s/n
15006 A Coruña
Recordade que teñen que chegar, data límite, o día 12 de febreiro!. Iremos publicando aqui as fotos!
Hospital Materno Infantil Teresa Herrera
Aula Hospitalaria,
3 andar
As Xubias s/n
15006 A Coruña
Recordade que teñen que chegar, data límite, o día 12 de febreiro!. Iremos publicando aqui as fotos!
MOITAS GRAZAS por axudarnos a conseguir o noso reto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario